Publicador de contidos

Publicador de contidos

Peitoescuro: "'Metamorfose' é unha defensa do rural e das formas de vivir axeitadas aos ritmos naturais"

Peitoescuro: "'Metamorfose' é unha defensa do rural e das formas de vivir axeitadas aos ritmos naturais"

'Metamorfose' é a segunda parte dunha triloxía que Peitoescuro publicará este ano e que comezara con 'Alvorada' 

Os temas de Peitoescuro están ligados coa natureza, cunha gran carga poética e desde a mestizaxe das súas orixes

Próxima data da xira: o sábado 6 de xuño no Festival Millo Verde na praia de Cesantas en Redondela 

G24.gal 23/05/2025 14:58 Última actualización 23/05/2025 16:52

"Eu se fora un corvo
Miraría aos ollos
De quen quere ver os pobos morrer

Se eu fora raposa
Ensinaría os cabeiros
Polas irmás que me faltan"

Son os versos cos que remata 'Metamorfose', a segunda entrega do proxecto musical de Peitoescuro. Tradición, natureza e tribalidade nunha proposta que sorprende e que fai tocar a terra. 

É a segunda entrega do proxecto audiovisual de Peitoescuro. Un traballo dirixido por Álex Baena e producido por Iago Pico. Rubén Gutiérrez é unda das partes de Peitoescuro, canda María Rojo e desde o comezo deste proxecto sorprendeunos cunha proposta diferente, que soa música tribal, con certos arrecendos de flamenco, pero enraizada na tradición galega e nos montes da Ribeira Sacra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade