Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pamela Rodríguez: "Hai unha carga de fortaleza enorme nas mulleres galegas"

Pamela Rodríguez: "Hai unha carga de fortaleza enorme nas mulleres galegas"

Meigas é o primeiro traballo da súa etapa galega, tras vinte anos de traxectoria, varios discos e dúas candidaturas aos Grammy Latinos

No tema Terra das Femias colabora Guadi Galego coa voz e en Las nubes Iván Ferreiro pon os sintetizadores

A artista presenta Meigas nun concerto coa banda o 23 de febreiro no Riquela Club de Santiago

G24.gal 16/02/2024 14:49 Última actualización 16/02/2024 16:46

"A néboa leva mensaxes, eu escoito. As ondas tamén ouvean, eu escoito".  Así comeza Terra das Femias, un dos temas que compoñen o novo disco de Pamela Rodríguez, unha peruana que tras vinte anos de carreira publica Meigas desde Galicia e con temas en galego que perturban, axitan, e finalmente, atrapan.  Un disco feminino, galego, electrónico, psicodélico e por momentos quebradizo en que tamén atopan oco versos de Rosalía de Castro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade