Paco G. Cobas: "Sánchez Arévalo preocupouse de que a historia fora respectuosa co traballo nas rondallas"
Paco G. Cobas: "Sánchez Arévalo preocupouse de que a historia fora respectuosa co traballo nas rondallas"
A idea do filme veu por un vídeo viral da Rondalla de Santa Eulalia de Mos que chegou a Daniel Sánchez Arévalo
Para o pase no Velódromo agárdase a presenza de músicos de rondallas de toda a provincia de Pontevedra
O filme estréase en salas o 1 de xaneiro de 2026, coincidindo coa tradición das comparsas de Reis
Rondallas é o último filme de Daniel Sánchez Arévalo e vai ter o seu primeiro pase o vindeiro martes no Velódromo de Donosti, é unha das proxeccións especiais do festival de San Sebastián, antes da súa estrea en cines o 1 de xaneiro do ano que vén, unha historia de ficción inspirada nunha rondalla real: a de Santa Eulalia de Mos. Desfacemos o camiño á inversa con dous integrantes da rondalla que participaron na película dende o primeiro momento: Paco G. Cobas e Irene Anta.