Pablo Patiño: "A música e a plástica apréndense do mesmo xeito"
Flor representa unha síntese da súa traxectoria, combinando a súa formación en Belas Artes coa súa paixón polo jazz
Con referentes como William Parker, J. Blake ou Jakob Bro, Flo exprésase cun claro concepto de improvisación onde a creación se combina con poderosas composicións
No disco particpan Pablo Patiño, contrabaixo e composicións, Afonso Traficante, vibráfono, Esteban Lavigne, batería Diego Alonso, saxo tenor
"Oes música na cabeza? -Todo o tempo, todo o tempo.
E que escoitas neste momento?- Unha música, sen principio nin fin... Eu xa estaba na outra beira".
As palabras son de Leonard Berstein falando dunha conversa coa súa mestra Nadia Bulanger. E con esta cita, chea de significado, preséntase Flor o primeiro disco do contrabaixista e compositor Pablo Patiño.