Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Barreiro: "O parque do Pasatempo é un paradigma da idea de copia e reprodución"

Pablo Barreiro: "O parque do Pasatempo é un paradigma da idea de copia e reprodución"

Pablo Barreiro reproduce e deconstrúe partes dos leóns como signos dun prototipo arredor do cal a historia da arte comezou a gravitar

Neste proxecto establece un diálogo coa copia dos leóns que viaxou desde Roma a Betanzos e de Betanzos a Covadonga

HIC SUNT LEONES. Aquí están os leóns, de Pablo Barreiro, ata o 10 de xullo no espazo NORMAL, A Coruña

G24.gal 22/04/2024 14:43 Última actualización 22/04/2024 16:58

"Os leóns son os gardiáns do acceso a algo que está máis alá e preparan a mente para o recoñecemento das formas por viren, á maneira das formas platónicas".

Isto di o filósofo Roberto Abuín na presentación de Hic sunt leones. Aquí están os leóns, unha exposición do ceramista Pablo Barreiro  que podemos visitar no espazo Normal daCoruña.  No Parque do Pasatempo en Betanzos, había dous leóns. Xusto na entrada aquelas figuras, copiadas dos orixinais da Basílica de San Pedro de Roma, recibían os visitantes. Un deles representa as virtudes da fe. O outro, a vida eterna.

Os leóns xa non están en Betanzos, pero da súa historia anterior e posterior ten moito que ver co proxecto descontrutivo desta exposición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade