Cargando resultados...
Os retratos da Movida de Marivi Ibarrola, no ciclo Elas son artistas
A invasión galega da movida madrileña nos ollos de Marivi Ibarrola, ata o 4 de outubro na Casa Museo Casares Quiroga
37 fotografías retratan artistas internacionais, nacionais e galegos da movida madrileña como Alaska, os integrantes de Siniestro Total ou Víctor Coyote
Marivi foi testemuña do tren da Movida que uniu Vigo e Madrid
G24.gal
19/09/2023 15:30
Última actualización 19/09/2023 16:20
Ata o 4 de outubro, a Casa Museo Casares Quiroga da Coruña presenta unha mostra fotográfica con imaxes da movida madrileña. Son da rioxana Marivi Ibarrola, quen retratou a personaxes desa época, intenacionais, nacionais e galegos, e están enmarcadas na sexta edición do proxecto Elas son artistas.