Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Oliveira dos cen anos", o himno que emociona a todo o celtismo

"Oliveira dos cen anos", o himno que emociona a todo o celtismo

O cadro vigués presentou a cantiga que acompañará o Centenario do club, coa presenza do cantante de orixe galega C. Tangana

G24.gal 06/07/2023 21:16

O Celta xa ten himno do centenario. O acto máis agardado do aniversario do club celeste celebrouse esta tarde no Teatro Afundación en Vigo coa presenza do creador da canción C.Tangana.

Oliveira dos cen anos é o título do novo himno celeste. A directiva, o equipo, o corpo técnico e algúns afeccionados estiveron presentes xunto ao cantante madrileño, celtista declarado, e visiblemente emocionado no acto desta tarde. Esta foi a preestrea do himno que estará dispoñible para todo o mundo a partir desta medianoite en todas as plataformas dixitais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos