Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Xestal, unha estrela no firmamento da cultura popular galega
Carballo celebra o ano Xestal con concertos, exposicións e publicacións
O seu curmán e filólogo Xohan Xabier Baldomir analiza os relatos do narrador oral
Entre os entrevistados o músicos Xurxo Souto e o actor Carlos Blanco
                            G24.gal
                        
                            23/06/2023 15:00
                        
                        
                                Última actualización 23/06/2023 17:02
                        
                        
                    
                    Falamos dun mestre da cultura popular, Carlos Díaz, O Xestal, humorista, contacontos, folclorista e infatigable activista social. Cúmprense 30 anos da súa morte e noventa do seu nacemento. 
Foi un heterodoxo, un disidente que vendeu milleiros de cassetes e discos en Galicia e na emigración. Retrataba como ninguen o espírito da aldea galega. As súas sátiras non se dedicaban ós marxinados, senón que ridiculizaban os poderosos.
 
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
        