Cargando resultados...
'El sueño de la sultana', animación a competición en Donostia con sinatura galega
Abano produce o primeiro filme longo da animadora Isabel Herguera
El sueño de la sultana compite na sección oficial do Festival de San Sebastián
É unha película baseada no best seller indio feminista homónimo
G24.gal
22/09/2023 15:55
Última actualización 22/09/2023 16:29
Por primeira vez un filme de animación europeo compite no festival de San Sebastián que comeza esta noite. Trátase de El sueño de la sultana, de Isabel Herguera, con produción da empresa galega Abano. Falamos con Chelo Loureiro deste conto feminista ambientado no afastado oriente que mestura a historia real da directora coa utopía feminista da escritora india Begum Rokeya Hussein.