Cargando resultados...
Roberto Pascual: "O rapto de Befana é 'commedia dell'Arte' levada aos nosos tempos"
O rapto da Befana é a última montaxe da compañía Olivas Negras
A vindeira representación o 21 de maio en Lugo
G24.gal
20/03/2023 16:14
Última actualización 20/03/2023 17:05
A compañía Olivas negras presenta unha comedia familiar de misterio con música en directo, acrobacias e loita escénica. A Befana divírtese chanceando con Pantalone, Pulcinella e ata o travieso Arlequín, ata que Colombina ten que usar a súa astucia, porque só ela consegue enredar a bruxa Befana. Unha nova revisión da crítica social da 'commedia dell'Arte'.