Publicador de contidos

Publicador de contidos

'O Gran Camiño' sairá o 23 de febreiro desde Lugo

'O Gran Camiño' sairá o 23 de febreiro desde Lugo

A primeira etapa desta segunda edición será entre Lugo e Sarria

G24.gal 14/12/2022 13:17 Última actualización 14/12/2022 13:28

Esta mañá soubemos que a primeira etapa de 'O Gran Camiño' será entre Lugo e Sarria. O equipo neerlandés Jumbo-Visma, un dos máis potentes do panorama internacional do ciclismo, será a gran atracción desta segunda edición, que se celebrará en Galicia entre o 23 e o 26 de febreiro.

O equipo de Jonas Vingegaard, Primoz Roglic ou Wout Van Aert, entre outros, será o prato forte da proba.

Na primeira edición, o murciano Alejandro Valverde (Movistar) arrebatoulle na contrarreloxo final a vitoria ao canadense Michael Woods (Israel-Premier Tech).

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade