Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bea Lema: "Cando non había psiquiatras, os ritos relixiosos facían a súa función"

Bea Lema: "Cando non había psiquiatras, os ritos relixiosos facían a súa función"

O corpo de Cristo (premio Castelao de banda deseñada no 2017) é finalista agora a mellor novela gráfica no festival de Angouleme

Conta a historia da familia de Bea Lema coa saúde mental como pano de fondo

Está a preparar unha curta de animación baseada no cómic

G24.gal 25/01/2024 14:44 Última actualización 25/01/2024 16:27

Seis anos despois de recibir o premio de cómic Castelao pola súa obra O corpo de Cristo, Bea Lema publica unha nova versión desta novela gráfica en que afonda na súa historia persoal: a vivencia dos trastornos mentais na familia. Nesta versión, en castelán polo de agora, consegue un estilo gráfico moi orixinal coa inclusión de técnicas non habituais na banda deseñada, como o bordado.

A novela está proposta a mellor obra no festival de Angouleme, o máis prestixioso de banda deseñada en Europa. Á espera de noticias, porque o festival celébrase esta fin de semana, falamos con Bea Lema no seu estudio na Coruña.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade