Publicador de contidos

Publicador de contidos

"O camiño do respecto", a andaina que promove o goberno galego contra a violencia de xénero

"O camiño do respecto", a andaina que promove o goberno galego contra a violencia de xénero

A Xunta convocou centos de persoas a camiñar en apoio das vítimas da violencia machista con vistas ao 25-N

As denuncias por violencia machista aumentaron en Galicia un 10 % no segundo trimestre deste ano 

A Federación de Mulleres Rurais de Ourense participou na X Andaina contra a Violencia de Xénero
G24.gal 20/11/2022 15:13 Última actualización 20/11/2022 15:31

Centos de persoas participaron esta mañá na décima andaina contra a violencia de xénero en Santiago, nunha das actividades organizadas con motivo do Día Internacional Contra a Violencia Machista do próximo 25 de novembro.

A campaña "Camiño ao respecto" promovida pola Administración galega reuniu numerosas organizacións que reclamaron a protección das vítimas e unha sensibilización de toda a sociedade.

Nun ano sen vítimas mortais de violencia machista en Galicia e con 37 mulleres asasinadas no resto do estado, esta mañá o goberno galego quixo amosarlles ás vítimas, cunha andaina solidaria, que teñen unha rede de apoio institucional para saír da violencia exercida sobre elas, tal e como asegurou a conselleira de Igualdade, María Xesús Lorenzana.

Todo o cariño do mundo e de todo corazón a todas as mulleres, aos nenos, ás nenas que están sufrindo situacións de violencia de xénero, que o están pasando moi mal, e ánimo e forza para saír desa situación e dese círculo de violencia. Unha mensaxe clara é que non están soas e iso tense que saber, que existe toda unha resposta institucional.

Segundo os últimos datos do Consello Xeral do Poder xudicial, as denuncias por violencia machista aumentaron en Galicia un 10 % no segundo trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de 2021. En total os xulgados galegos recibiron 1.813 demandas nestes meses e ditaron 493 sentenzas, o 84 % delas condenatorias. Lorenzana insistiu na importancia de denunciar.

Polo tanto esa mensaxe de que independentemente de partidos políticos e ideoloxías todos temos que loitar conxuntamente na esencia. E a esencia é acabar coa violencia de xénero e denunciar a violencia de xénero. 

As chamadas ao servizo do 016 tamén aumentaron nos últimos meses. En Galicia no mes de setembro superáronse as 400.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade