Novidades literarias con Malores Villanueva
'Oito días sen Eva Cortes', o debut de Sara Vila Alonso
'A nena lectora', de Manuel Rivas, un conto para recuperar a memoria
'Golpes de Luz', de Ledicia Costas
Nace a editorial Rodolfo e Priscila da man de Berta Dávila e Carlos Meixide
'Oito días sen Eva Cortes' é a primeira novela de Sara Vila Alonso, Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos. Xunto a unha escritora nova, nomes consagrados como os de Manuel Rivas que presenta o conto 'A nena lectora' e Ledicia Costas coa novela 'Golpes de luz'. Ademais a escritora Berta Dávila estrea editorial, Rodolfo e Priscila, un selo independente que comparte con Carlos Meixide e nace cos libros 'A poesía como arte insurxente' (unha tradución de Daniel Salgado) e 'Pequeno álbum de Nova York en inverno'.