Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Miguel Anxo Fernández: "A novela negra entretén e tamén fai pensar"
Este libro é a sétima entrega das aventuras do detective de orixe galega Frank Soutelo
Soutelo volve a Galicia para resolver un caso: a desaparición da espada de Santiago
A personaxe de Frank Soutelo foi creada hai vinte anos, tempo no que evolucionou xunto co autor
 
                            G24.gal
                        
                            27/01/2023 15:52
                        
                        
                        
                        
                    
                    Xa temos unha nova edición das aventuras do detective privado Frank Soutelo. A editorial Galaxia acaba de publicar A conxura do sete, a última novela de Miguel Anxo Fernández. Ambientada o noso país, o decano dos sabuxos galegos terase que enfrontar a un novo caso: atopar a espada de Santiago xusto antes dos fastos do último ano Xacobeo.