Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Non sabía que era por min", di un condutor perseguido pola policía en Ourense

"Non sabía que era por min", di un condutor perseguido pola policía en Ourense

Benito, un septuaxenario de Nogueira de Ramuín, foi gravado polos seus acompañantes, mentres lle berraban 'Benito, frea!"

Conducía borracho e co carné caducado desde hai máis de 20 anos

Benito, na súa casa de Nogueira de Ramuín
G24.gal 12/05/2022 14:29

Unha persecución policial de madrugada en Ourense estase convertendo en todo un fenómeno nas redes sociais. Os propios ocupantes do vehículo gravaron o momento. Ao volante ía un veciño de Nogueira de Ramuín, de 74 anos, e que leva máis de vinte anos sen carné.

Con auténtica sorpresa e bastante ofendido, recibía esta mañá a noticia de que fora gravado durante ese momento. Non sabía que os seus acompañantes fixeran un vídeo e que o difundiran nas redes sociais. "Están zumbados", lamenta.

Benito cóntanos que el só coñecía un dos mozos que o acompañan no coche. Coincidiron en Luíntra e marcharon xuntos para Ourense, onde se lles uniu o outro mozo.

"Eles eran os que me guiaban, porque eu en Ourense non coñezo nada: vai por aquí, por acá...", asegura Benito.

A condución errática pola nacional 120, na saída de Ourense cara a Vigo, ás cinco da mañá, foi o que alertou a Policía Local, que os seguiu para darlles o alto.

"Eu ía ben, normal, e xa sentín as sirenas detrás de min "pi, pi, pi", e dixen "será para min", e eles "para, a ver", explica.

Puxéronlle unha multa de 200 euros por conducir cun carné caducado hai máis de vinte anos e inmobilizáronlle o coche por alcoholemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos