Narciso de Gabriel: "No 36 os mestres eran referentes na sociedade"
En 'Os mestres mortos naquel verán' conta a historia de doce represaliados, dez homes e dúas mulleres
A ideoloxía, a capacidade de liderado, os principios laicos e renovadores destes mestres foron causas da represión
A memoria debe ser o clamor que enterre definitivamente o silencio sobre os mortos. Esta frase pecha o texto da contracapa deste libro de Narciso de Gabriel: Os mestres mortos dalquel verán. Un traballo que encara uns tempos nos que moitos galegos foron represaliados polo franquismo durante e despois da guerra civil. Un dos colectivos que estivo no punto de mira dos fascistas foi o dos mestres e mestras. Narciso de Gabriel recompila en 'Os mestres mortos naquel verán' as historias de vida e morte de dez homes e dúas mulleres que foron asasinados.