Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Modelo Burela: o ensino de igualdade de oportunidades
'Modelo Burela' é un referente galego de xestión educativa e convivencia multicultural
No instituto Perdouro de Burela celebraron o primeiro Día da Literatura Caboverdiana
O proxecto integra a participación de profesorado, alumnos, persoal non docente e familias
                            G24.gal
                        
                            23/03/2023 15:14
                        
                        
                                Última actualización 23/03/2023 16:56
                        
                        
                    
                    O Modelo Burela é un proxecto educativo que cumpre vinte anos de aplicación continuada no instituto Perdouro desa vila. Entre os seus obxectivos está a integración curricular e social dos nenos e nenas inmigrantes. Este ano, ademais, celebraron o primeiro Día da Literatura Caboverdiana neste centro, que se localiza nunha contorna onde moitas familias procedentes de Cabo Verde teñen xa o seu fogar.