Cargando resultados...
Mercedes Corbillón: "A certa idade estamos demasiados cargados de pasado"
A beleza debe morrer é a primeira novela da libreira Mercedes Corbillón
A partir dunha viaxe a Venecia con súa nai, a protagonista debulla o dó de amor que sofre
Corbillón aborda a relación co amor e a paixón dunha muller madura
G24.gal
14/05/2023 11:30
Última actualización 11/05/2023 17:08
Venecia é a cidade do amor. Parece inusual visitala para afrontar un desamor. Máis inusual escoller de compañeira de viaxe á nai da protagonista que non sabe nada. A beleza debe morrer transita por lugares inusuais pero tamén pouco contados. Unha muller de mediana idade e a súa relación co amor (ou os amores) , a paixón e a liberdade é a historia que nos conta a libreira Mercedes Corbillón no seu primeiro libro como novelista.