Mario G. Cortizo: "Os compositores temos a obriga moral de devolver ao pobo o material sonoro que é de todos"
Mario G. Cortizo: "Os compositores temos a obriga moral de devolver ao pobo o material sonoro que é de todos"
Estrea en Galicia da composición 'As marxes' este xoves no Teatro Colón coa Banda Municipal de Música da Coruña
O lalinense Mario G. Cortizo traza un percorrido sonoro polas recollidas da etnomusicóloga Dorothé Schubarth, autora do Cancioneiro Popular Galego
O concerto coincide coa homenaxe que a Real Academia Galega rende ás cantareiras e á poesía popular oral no marco do Día das Letras Galegas 2025
E escoitamos as voces das cantareiras Adolfina, Rosa Casás, Asunción Garrido, Manuela e Teresa Lema volven cantar, pero integradas na música contemporánea. 'As marxes' de Mario Cortizo. Este é o reto do compositor lalinense para estas Letras Galegas traballando desde o cancioneiro que Dorothé Schubart recolleu hai 45 anos.
'As marxes' preséntase mañá no Teatro Colón da Coruña dentro do festival RESIS.