María Sánchez: "Escribo sobre os novos dós polo cambio climático"
O xurado do Premio Julio Camba destacou "o achegamento do texto á tradición popular, nun ton sinfónico co tema que aborda"
'Escoitar os mortos', o artigo publicado en La Vanguardia, traza un vínculo entre a mesa do xantar e os mortos
María Sánchez publicou Cuarderno de Campo, o ensaio Tierra de mujeres ou Almáciga, todos relacionados co mundo rural
"...como a agua e o aire e a mesma area... que aquí no teñen cabida, deixan súa estela, danme a oportunidade de comezar, sen querer, unha nova narrativa fóra do colapso...".
Atrevémonos a dicir en galego uns versos da veterinaria, poeta e ensaísta María Sánchez. Foi a gañadora do Premio Julio Camba de xornalismo polo artigo titulado Escoitar os mortos. Reside en Galicia e está a piques de publicar un novo libro de poseía, Fuego la sed, despois de tres libros que lle valeron recoñecementos tan diversos como o Premio Nacional de Juventud, a Medalla de Andalucía ao Mérito Medioambiental e agora o premio internacional Afundación de Periodismo Julio Camba. É veterinaria de campo e escritora, ámbitos que se retroalimentan e apegan aínda máis á terra.