Cargando resultados...
María López Sández: "As avoas fálanlles menos galego ás netas que aos netos"
A primeira gran conclusión é a propia relevancia do estudo do parámetro xénero na súa dimensión sociolingüística
Non se constata unha fenda de xénero, pero as mulleres usan e transmiten o galego un 4 % menos que os homes
Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión, está dispoñible en liña na sección de publicacións de academia.gal
María López Sández, coautora do estudo da Real Academia Galega
G24.gal
04/12/2023 14:46
Última actualización 04/12/2023 16:51
Como inflúe o xénero no uso e na trasmisión do galego? Que diferenzas e desigualdades existen nos usos e valoración da lingua entre homes e mulleres? Partindo deste parámetro, a Real Academia Galega edita o volume Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión. Unha das autoras deste texto é María López Sande.