Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Margarida Mariño: "Inquiétanos moito o momento da transmutación no que pasas dun plano a outro"
'Transmutation' é o proxecto de Margarida Mariño e Alex Allex que fusiona o cello coa música electrónica
As dez pezas deste traballo transitan por xéneros coma o ambient, o ritual e o neoclásico
O venres 27 de decembro, ás 19:30 h. actúan no auditorio do Concello de Vigo
                            G24.gal
                        
                            20/12/2024 15:11
                        
                        
                                Última actualización 20/12/2024 16:36
                        
                        
                    
                    Fusionar o cello coa música electrónica. Iso é o que acaban de facer a galega Margarida Mariño e o asturiano Álex Aller. Estes dous artistas xuntaron a súas habilidades compositivas e musicais para crear 'Transmutation', un interesantísimo traballo musical de carácter evocador e instrospectivo no que as súas pezas diverxen entre xéneros coma o ambient, o ritual e o neoclásico.