Cargando resultados...
'Maquillaxe', de Alberto Ovejero: a vida sen filtros na galería A Solaina de Lugo
Alberto Ovejero mestura diferentes técnicas de pintura, ilustración, colaxe e pezas audiovisuais
Gran parte da obra plástica e audiovisual deste artista novo ten unha compoñente autobiográfico
G24.gal
25/10/2022 16:37
Ata o 12 de novembro Solaina Galería presenta 'Maquillaxe', a primeira mostra do artista lucense Alberto Ovejero. Son obras cun claro compoñente autobiográfico que se representan a través de ilustracións, pinturas e pezas audiovisuais. Un traballo que ten un obxectivo claro: visibilizar as diferentes sexualidades, a identidade de xénero e as enfermidades mentais.