Cargando resultados...
Manuele Caamagno: "Hai unha idea que sobrevoa o o disco: os anos 90 e actualidade parécense"
'O mundo está derrotado' é un disco nostálxico, cómico e político a partes iguais
Son oito cancións que navegan desde o garaxe ata o power pop máis delicado
En directo esta fin de semana na sala Capitol con artistas convidados
G24.gal
25/10/2022 16:42
Foi despois da gran pandemia. Nun hostal da vila madrileña de El Molar, con presenzas fantasmais e berros de medianoite, durmían os Caamagno na primeira das gravacions do seu novo disco. A segunda xa foi nunha casa con piscina, con churrasco e coa serra norte madrileña de pano de fondo. Asi saíu un disco que recomenda o hedonismo popular e a abstracción "perralleira" porque total, 'O mundo está derrotado'. Unha proposta hedonista que mira ao futuro cunha certa risa nerviosa.