Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ana e Rosario de Leilía: "Subir só con pandeiretas aos escenarios nos 90 era máis que abrir camiño, rabuñar na terra"

Ana e Rosario de Leilía: "Subir só con pandeiretas aos escenarios nos 90 era máis que abrir camiño, rabuñar na terra"

Leilía recibe o Premio Honorífico Martín Códax da Música 2025 na gala que se celebra maña en Pontevedra

Músicas ao Vivo destaca o seu papel pioneiro na recuperación do cancioneiro tradicional e das transmisoras deste legado 

Leilía recibiu tamén a Medalla Castelao o Premio Cántigas e Frores ou o recoñecemento Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal

Ana Rodríguez e Rosario Rodríguez 
G24.gal 27/05/2025 13:51 Última actualización 27/05/2025 16:30

"O que viamos é que había unha riqueza tremenda de música, de cantares, de cantigas que non podían quedar aí, que tiñan que volver ao pobo".

A frase é de Montse Rivera, unha das compoñentes de Leilía, cando falaba dos anos nos que elas comezaron a facer recollidas polas aldeas e vilas galegas a finais dos anos 80 e comezos dos 90. Trinta e catro anos despois, o grupo despedíase do público. 

Desde o comezo da súa traxectoria as Leilía marcaron un xeito de recuperar a tradición de facelas evolucionar tamén. En 1991 gañaban o pemio ao mellor grupo folk-tradicional na II Mostra Cidade Vella de Santiago de Compostela. Desde aquela, 6 discos, centos de concertos, xiras e, sobre todo nos últimos anos moitos recoñecementos. Un deles o dos músicos que mañá lle entregaran o galardón honorífico dos Premios Martín Códax. As Leilía son, xa sabedes Felisa Segade, Montse Rivera, Mercedes Rodríguez, Patricia Segade e Ana e Rosario Rodríguez.

Máis de trinta anos de traxectoria que marcaron a xeracións e xeracións de pandeireteiras. Foron e seguen sendo un referente e por moito que elas digan que xa non existen como grupo, Leilía forma parte de nós e a recuperación da música tradicional non estaría onde está sen elas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos