Laura Tova: "É bonito saber que as avoas se relacionaban coas amigas da mesma forma que nós"
Hoxe entrégase o agasallo 'Foliada' das Letras Galegas, que inclúe o traballo de ilustradoras como Laura Tova, Iria Fafián, Laura Mahía e María Montes
É un proxecto artístico que combina literatura, música e ilustración. Consta dunha edición especial de cinco láminas, recollidas nunha caixa deseñada a modo de vinilo musical.
Cada lámina inclúe versos de coplas populares e a interpretación artística, ofrecendo unha visión contemporánea destas composicións tradicionais
Mañá chega o día grande das Letras Galegas, dedicadas ás cantareiras e ao seu legado musical. Entre as actividades e as publicacións falamos hoxe da iniciativa dunha firma comercial que reparte nos seus establecementos 30.000 exemplares dun agasallo, onde escritoras e ilustradoras reinterpretan as voces daquelas mulleres, en clave contemporánea.