Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jesús Silva: "'Sorda' introduce novos referentes no cinema para toda toda unha comunidade"

Jesús Silva: "'Sorda' introduce novos referentes no cinema para toda toda unha comunidade"

'Sorda' conta a historia dunha muller xorda, que vai ter un bebé coa súa parella, que é oínte, e como iso condiciona a súa experiencia maternal 

'La furia' describe a viaxe emocional dunha rapaza tras ser violada e tamén as reaccións da súa contorna 

Nas carteleiras tamén 'Por todo lo alto', unha comedia do director francés Emmanuel Courcol

G24.gal 27/03/2025 13:53 Última actualización 27/03/2025 16:49

Jesús Silva hoxe traénos dous dos filmes que máis impactaron no último festival de Málaga e que agora chegan á carteleira. Unha delas, 'Sorda', está dirixida por Ana Libertad e logrou os premios a mellor filme, crítica do público e interpretacións masculinas e femininas. Chega aos cinemas en abril.

'La furia', de Gemma Blasco, estréase esta fin de semana. Acadou no certame andaluz o premio a mellor interpretación feminina, ex aequo con 'Sorda', o de actor de elenco e montaxe.

'Por todo lo alto', de Emmanuel Courcol é unha "feel good movie" na que dous irmáns se reencontran pola enfermidade dun deles e como lles cambia a vida en todos os ámbitos, incluído o profesional dentro do mundo da música.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos