Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javi Maneiro: "Fun máis forte aguantando a dor física que a dor mental"

Javi Maneiro: "Fun máis forte aguantando a dor física que a dor mental"

Maneiro estrea Un bonito despertar, o seu regreso tras o accidente cerebrovascular do ano pasado

Con este disco abre nova etapa en solitario, en galego e con música e letras propias

O álbum foi integramente composto en decembro de 2021, co título de Un bonito despertar
 

G24.gal 04/06/2023 11:30 Última actualización 01/06/2023 17:09

Javi Maneiro levaba tempo en evolución cara a unha nova viaxe musical, en solitario, diferente, máis acorde con que el é hoxe, con letras e músicas propias. Escribiu esas letras e compuxo esas cancións e pensou nun renacer. Meses despois, Maneiro sufriu un gravisimo accidente cerebrovascular. Estivo na UCI, case saíu deste mundo, e regresou.

E aquel disco que aínda non vira a luz, titulado Un bonito despertar converteuse nunha marabillosa premonición do que hoxe estamos a celebrar: o renacer de Maneiro máis auténtico ca nunca. Así soa o seu regreso, as súas cancións cunhas letras que hoxe teñen unha lectura de vida para todos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar