Publicador de contidos

Publicador de contidos

J. Manuel Dopazo: "Os insulares ofrecéronme o seu tempo e a súa lingua, que é parte da súa identidade"

J. Manuel Dopazo: "Os insulares ofrecéronme o seu tempo e a súa lingua, que é parte da súa identidade"

'Até aquí podo contar' da editorial Chan da Pólvora é un estudo lingüístico da fala das Ons

O traballo filolóxico acompáñase cun apéndice documental de imaxes e textos da fala dos illáns

Ademais de arquivos privados, o libro inclúe fotos de J. Carballeira, S. Mörling, Tino Pardellas ou G.Henningsenn

G24.gal 11/10/2022 16:40

A illa de Ons loitou constantemente contra o silencio. No tempo en que estaba habitada, os cantares, os risos e as conversas enchían a illa cun xeito de falar de seu que está recollido en "Até aquí podo contar". Un estudo científico, o primeiro sobre as caractarísticas lingüísticas do pobo que habita as illas de Ons. Quince anos lle levou a José Manuel Dopazo Entenza escoitar, recompilar e analizar todo canto lle contaron os informantes que aínda conservan ese xeito diferenciado de falar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade