Cargando resultados...
Abe Rábade vennos falar do seu disco 'Nova Botánica'
'Nova botánica' é un proxecto que mestura música tradicional galega, jazz e música de cámara
A vexetación galega representa o fío condutor da obra que dialoga con textos populares e autores de distintas culturas e épocas
O músico presenta 'Nova botánica' no Festival de Jazz de Lugo, o día 8 no auditorio Fuxan os Ventos
G24.gal
06/11/2026 10:30
'Sete herbas' é un dos temas que compoñen o novo traballo de Abe Rábade. Del e dun grupo de músicos que crearon o seu propio ecosistema para explorar e para crear 'Nova botánica'. Perico Sambeat, Pablo Martín, Naíma Acuña, Davide Salvado e Antía Muíño baixo a direccion do propio Abe Rábade que nos acompaña esta tarde.