Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Iván Prieto: "Quero esculpir o movemento das mentes"
A escultura é unha linguaxe artística na que traballa expresando diferentes emocións
Emprega a cerámica para pezas pequenas e a resina para crear as de maior tamaño
Algunhas das súas personaxes surrealistas expresan a beleza de corpos non normativos
 
                            G24.gal
                        
                            28/03/2023 16:04
                        
                        
                                Última actualización 28/03/2023 16:41
                        
                        
                    
                    Inquietante, conmovedora e onírica. Así é Insania, a mostra que o escultor galego Iván Prieto presenta na Fundación Granell de Santiago de Compostela ata o 9 de abril. Nela mestura personaxes creados hai dez anos con obras recentes. Un universo colorista e cheo de emocións que foxe da realidade xogando co surrealismo, os soños, a liberdade artística e unha imaxinación sen límites.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
        