Cargando resultados...
Iván Fernández: "Avelina explora a relación entre actriz e público dun xeito absolutamente íntimo"
Avelina diríxese directamente ao espectador, sen piedade e sen tregua, procurando que as palabras agochen, por un momento, o inevitable: a visión nítida do mundo.
No son e imaxe, Jesús Tejada, colabora tamén Cena Lusófona
G24.gal
04/12/2023 14:51
Última actualización 04/12/2023 16:52
Partindo do texto Ese silencio, Avelina Pérez estreaba hai un días unha nova peza escénica no Teatro Ensalle. E na próxima fin de semana, de venres a domingo, volve á mesma sala con esta proposta. En cada pase, só dez persoas de público. Un dos afortunados debeu ser Iván Fernández, o noso colaborador de escénicas.