Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Iria Folgado, un óboe entre a clásica e folclore celta das illas británicas
O vídeo de presentación do disco Ecos de Breogán gravouse no coro da Igrexa de Santo Domingo de Tui
Acompañan a Iria no disco, Raquel e Sara Areal, violíns, Héctor Cámara, viola e Iago Domínguez, violonchelo
O primeiro concerto de presentación do disco será na Konzerthaus de Berlín o 14 de febreiro
 
                            G24.gal
                        
                            17/01/2024 12:24
                        
                        
                                Última actualización 17/01/2024 16:32
                        
                        
                    
                    O primeiro disco de Iria Folgado, oboísta e solista de corno inglés nunha das orquestras máis importantes de Berlín, a Konzerthaus, chámase Ecos de Breogán e nel reúne a amigos músicos que interpretan un repertorio de cámara para óboe e cordas. É música clásica, pero imbuída dos sons do folclore celta das illas británicas.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
        