Hildegart cría que a educación era unha arma de progreso, os seus artigos están totalmente vixentes"
Hildegart cría que a educación era unha arma de progreso, os seus artigos están totalmente vixentes"
Hildegart cría que a educación era unha arma de progreso, os seus artigos están totalmente vixentes"
Hildegart na prensa socialista recolle artigos publicados por ela en El socialista e Renovación
Os seus artigos afondaban en temas como a liberdade sexual, o divorcio ou a emancipación da muller
O 9 de xuño de 1933 Hildegart foi asasinada por súa nai que a concebira como unha salvadora
A de Hildegart e súa nai Aurora é unha historia arrepiante e desapiadada propia da ficción pero foi real. A ferrolá Aurora Rodriguez Carballeira ideou crear unha supermuller e conseguiuno. Pero cando a súa filla comezou a querer voar do seu lado, matouna de 4 impactos de bala mentres durmía. A historia é tan brutal que devorou a valía da propia figura da rapaza.
Sobre Hildegart hai filmes, novelas, ensaios e obras teatrais, pero o libro do que hoxe falamos recolle algo por coñecer a fondo, o seu pensamento. Non o seu pensamento interpretado, se non o que ela mesma escribiu na prensa socialista da época. Coñeciamos o lado tráxico de Hildegart pero merece ser coñecido o seu pensamento.
A fundación Luis Tilve editou este Hildegart na prensa socialista e hoxe falamos cos seus autores, Francisco Xavier Redondo Abal e Eliseo Fernández Fernandez.