Cargando resultados...
'Hamlet, o de Cunqueiro', teatro inmersivo e itinerante coa linguaxe dos videoxogos
'Hamlet, o de Cunqueiro', teatro inmersivo e itinerante coa linguaxe dos videoxogos
Hamlet, o de Cunqueiro é uha proposta do grupo de innovación ComTecArt da Universidade de Vigo
A obra insértase dentro do ciclo Clásicas Desfeitas nas Residencias Artísticas do Gaiás
Hamlet o de Cunqueiro representarase este venres e o sábado na Cidade da Cultura
G24.gal
01/02/2024 14:39
Última actualización 01/02/2024 16:19
Dúas compañías de teatro, dous Hamlets, moito xogo e distintos escenarios: Son elementos da última proposta de Clásicas Desfeitas. Partindo do texto de Cunqueiro, O incerto señor do Hamlet, os profesores da Universidade de Vigo Beatriz Legerén e Antonio Pena, propoñen unha obra interactiva, seguindo a dinámica dos videoxogos. O público terá que moverse pola Cidade da Cultura cos actores do grupo brasileiro Boccaccione e do galego Marinita y sus Maromas.