Grampoder, Pauliña e Duques do Precariado, no Galegote con Marta Gómez
Grampoder, contra o tedio existencial no seu terceiro disco Amuleto
Pauliña reivindica a lingua e cultura propia en Galego is not dead
Duques do Precariado, cronistas do Portugal pasado a actual, en concerto no Galegote
Grampoder publican o seu terceiro disco, Amuleto, gravado nos estudios Potemkin, e preséntano en directo o 3 de maio en Compostela. Un feixe de cancións urxentes para unha xeración que se debate entre a rabia e a resignación.
Pauliña grava en Xonix Records Galego is not dead, oito cancións de estilos que derivan entre o blues, rock, punk e reggae, nos que afonda en sentimentos e reflexións sobre a situación da xuventude e a lingua galega.
Duques do Precariado son unha das bandas do Galegote Rock, que este ano homenaxea o músico Dany Moure. Os de Lisboa publicaron Antropocenas, para moitos un dos discos máis singulares do pasado ano na escena indie portuguesa.