Cargando resultados...
Fuxan os Ventos celebra os seus 50 anos de carreira na casa
No repertorio haberá cancións de todas as etapas da banda lucense
Acompáñanos no escenario Faia e De Ninghures
Os concertos no auditorio de Fuxan os ventos hoxe, o sábado e o domingo, coas entradas esgotadas
G24.gal
05/06/2025 14:42
Última actualización 05/06/2025 16:48
Fuxan os Ventos regresa á escena con tres concertos especiais no auditorio que leva o seu nome. Unha oportunidade única para ver de novo en directo este grupo senlleiro da cultura galega e escoitar o seu mítico repertorio.
Ademais nesta cita acompáñanos dous dos nomes máis destacados da nova escena musical galega: Faia e o grupo De Ninghures. Conversamos con Xoán Fortes e Antón Castro deste fito histórico na cidade que os veu nacer.