Santiago é o escenario da performatividade máis contemporánea no Festival Plataforma
Plataforma é un proxecto trasversal que tende pontes entre artes visuais e artes vivas, música, arquitectura ou poesía
A Cooperativa Performa pretende traballar en complicidade co maior número de axentes, institucións e espazos da cidade
Ana Gesto, Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld, A artística, Françoise Vanneraud ou Marc Vives no programa do Plataforma este ano
"Ao longo da historia da arte as mulleres foron expulsadas sistematicamente dos libros; isto creou, durante moitísimo tempo, unha visión androcéntrica da arte que borrou a moitas que merecen un lugar destacado nas nosas conciencias artísticas".
De reflexións coma esta parte o traballo de Verónica Ruht Frías, unha das artistas que participa no Plataforma, o Festival de Artes Performativas que arrancou onte en Compostela. Hoxe falamos desta propostas trasversais con dous dos directores, David Barro e Iñaki Martínez Antelo.