Fernando Cayazzo: "Queremos amosar as nosas realidades ao rural, onde quizais haxa menos opcións de ver este tipo de cine"
Fernando Cayazzo: "Queremos amosar as nosas realidades ao rural, onde quizais haxa menos opcións de ver este tipo de cine"
No Festival de Cinema Norte Diverso exhibiranse catro longametraxes e catorce curtas, once delas optan a premio
O galardón do festival denomínase Premio Trini Falces en memoria dunha trans coruñesa que estivo presa e marxinalizada máis sempre en loita
Este ano o festival expándese aos colexios e fóra da Coruña: a Betanzos e Santa Comba
Un arco da vella composto por catro filmes e 14 curtametraxes deprégase mañá na Coruña no Festival de Cinema Norte Diverso. Nesta terceira edición, as historias do colectivo trans ocupan un lugar preminente, de feito os seus premios van denominarse Trini Falces, en memoria dunha histórica activista transexual coruñesa.
Por primeira vez este festival levou a súa diversidade fóra da cidade, con proxeccións en Betanzos e Santa Comba.