Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fernando Buíde: "A música serve para crear a ilusión de que podemos aproximarnos aos grandes conceptos da humanidade" 

Fernando Buíde: "A música serve para crear a ilusión de que podemos aproximarnos aos grandes conceptos da humanidade" 

A Sinfónica de Galicia estrea 'Cántico', a nova cantata do compositor galego Fernando Buide mañá no Pazo da Ópera da Coruña

Participan o coro da Sinfónica, a soprano Raquel Lojendio nunha peza baseada nos poemas de José Ángel Valente e Ernesto Cardenal 

O director José Trigueros tamén guía no mesmo programa 'As ofrendas esquecidas' de Oliver Messien e 'As iluminacións' de Benjamin Britten 
 

G24.gal 27/03/2025 14:04 Última actualización 27/03/2025 16:45

Escoitaremos agora palabras e música que queren constituír unha tentativa de transcendencia. Na Coruña a Sinfónica de Galicia estrea mañá 'Cántico', a que pode ser unha das obras máis fondas e intensas do compositor galego Fernando Buíde.

Esta cantata para orquestra, coro e soprano constrúese sobre textos do poeta ourensán José Ángel Valente e do escritor nicaraguano Ernesto Cardenal. Son dous achegamentos a unha nova mística contemporánea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos