Cargando resultados...
Eva Mejuto: "O fogar é o primeiro espazo de contacto das crianzas cos libros"
Eva Mejuto publica na editorial Triqueta o álbum O gran circo das palabras
No texto, animais vellos, explotados e aburridos no traballo tentan encarreirar a súa vocación
Fernando Martín é autor dos debuxos deste álbum ilustrado
G24.gal
26/11/2023 11:30
Última actualización 23/11/2023 17:04
Cando en 1989 a Asemblea da ONU aproba a Convención sobre os Dereitos dos Nenos e as Nenas xa se deixaba constancia no artigo 17 do compromiso a “alentar a produción e difusión de libros para a infancia”.
Eva Mejuto é autora de literatura infantil e xuvenil e toda unha activista cultural. Hoxe imos falar con ela do seu novo libro: O gran circo das palabras.