Eutropio Rodríguez: "Ton van Vliet percorría 10 km, pero retrocedía 100 anos no tempo"
'Cámara Escura', I Festival de fotografía e literatura, unha iniciativa de aCentral Folque do 6 ao 9 de outubro
Vaise presenta alí 'O pálpito interior', a obra fotográfica de Ton van Vliet con texto da escritora Luísa Castro
No festival estréase ademais 'Maruja Roca Foundation', e a poeta Chus Pato dialoga coa obra G. Henningsen
A finais doa anos 70 e comezos dos oitenta, un holandés chegou de vacacións a galicia, a Agolada. Quedou prendado da paisaxe, da luz, das persoas... e dous anos depois volveu para capturar todo aquelo cunha cámara de fotos. Corenta e tres anos despois volve aquel holandés chamado Ton Van Vliet para presentar un libro con aquelas fotos: 'O pálpito interior', que se presenta en Mondoñedo dentro do festival Cámara Escura impulsado por aCentral Folque. Para que nos fale de todo isto, conversamos con Eutropio Rodríguez.