Cargando resultados...
Eduardo de Martís: "Galicia latente homenaxea e tamén reivindica a cultura e paisaxe galega"
Nos últimos 3 anos o fotógrafo Eduardo de Martís percorreu máis de 140 lugares do territorio galego
O fotolibro amosa imaxes dunha Galicia diversa e moderna, lonxe de tópicos
Retratos de xente anónima e outra coñecida compoñen este mosaico da nosa realidade
G24.gal 233
09/12/2023 11:30
Última actualización 05/12/2023 17:03
Máis de 170 fotos dan conta da realidade da Galicia actual, na ollada do fotógrafo Eduardo de Martís, cun estudo-libro que titula, 'Galicia latente'. En cada páxina, o fotógrafo Eduardo de Martís vai creando unha radiografía sobre cada un de nós. Paramos e ollamos, en cada foto, o latexo da nosa terra.