Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dogo, Arrhythmia e Hugo Guezeta con Guadi Galego, nas músicas de Marta Gómez

Dogo, Arrhythmia e Hugo Guezeta con Guadi Galego, nas músicas de Marta Gómez

Arrhythmia presenta 'Amnesia', o sinxelo que presenta o seu agardado cuarto disco

Dogo, unha nova banda compostelá influenciada pola música alternativa dos 90

As voces de Hugo Guezeta e Guadi Galego converxen en 'Equilibrar' 

Foto de Dogo de Eva Filgo
G24.gal 19/05/2025 14:35 Última actualización 19/05/2025 16:46

Arrhythmia presentan 'Amnesia' un tema de nu metal, cun producción moi coidada que formará parte do seu novo disco con data prevista de publicación a finais deste ano. Din que o tema é "unha viaxe escura e visceral polos territorios máis incómodos da mente". 

Dogo é un trío entre o noise e as guitarras dos noventa, formado por Xoán Escuredo, Carlos Beiró e Ángel Refojo que beben do rock alternativo dos noventa, tanto o shoegaze, como o noise ou o punk con sintetizadores. A súa carta de presentación é o EP 'Brutalismo'.

Hugo Guezeta e Guadi Galego asinan 'Equilibrar', un tema de corte autobiográfico en que as sensibilidades dos dous artistas se unen para falar da nostalxia do pasado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade