Carlos e Xoán, de Dogo: "Collemos todas as nosas influencias, pulímolas e 'doguizámolas'"
Dogo combina elementos de shoegaze, post-punk e indie, creando atmosferas densas e melodías envolventes cantadas en galego
Despois de dous sinxelos ‘Revolución’ e ‘Fume’, agora presentan o seu novo traballo discográfico ‘Brutalismo’
Próximas datas: 17 de outubro en La Fábrica de Chocolate, Vigo, 14 de novembro en La Disfrutona, A Coruña
"Sempre nos mentiron, dubidaron, e quitaron a pel. Xa vai sendo hora de que comeces a poñerte en pé". Son uns versos de 'Voltar', un dos temas de 'Brutalismo', un dos temas que compoñen o novo disco de Dogo.
Comezaron a tocar hai algo máis de dous anos e despois de dous sinxelos agora os Dogo presentan o seu primeiro disco. Eles son Ángel Refojo, na batería; Carlos Beiró, que pon a guitarra e a voz, e Xoán Escudero, que tamén pon a voz e o baixo.