Cargando resultados...
Diego Cabezas: "O ferro é o material que máis directamente leva a realidade aos meus debuxos"
Diego Cabezas presenta o seu universo 'Endless game' na galería Dupla de Santiago ata o 16 de maio
Crea en ferro e aceiro debuxos no aire, entre as curvas e as rectas
G24.gal
13/05/2025 14:50
Última actualización 13/05/2025 16:36
Imos agora a unha exposición. Trazos, debuxos no aire que se volven esculturas na mostra 'Endless game'. O artista coruñés Diego Cabezas mostra as súas últimas creacións, figuras humanas, rostros, corpos pero tamén animais, en ferro e aceiro inoxidable na Galería Dupla.