Cargando resultados...
'DeMente', da compañía Fran Sieira, danza contra os estigmas
'DeMente' é unha peza contemporánea que se mestura o baile e a música tradicional galega
Durante 60 minutos oito bailadores e bailadoras escenifican etapas das enfermidades mentais
G24.gal
21/04/2023 15:35
Última actualización 21/04/2023 17:02
Visibilizar os trastornos mentais e loitar contra a súa estigmatización social é un dos obxectivos cos que se sobe a escena DeMente. Na súa posta en escena, os membros da compañía de Fran Sieira integran o baile e a música tradicional cun estilo contemporáneo. Este sábado actúan no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A vindeira fin de semana estarán no Auditorio Municipal de Lalín e na Casa da Cultura de Vimianzo.