Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o Play Doc, e novidades da carteleira con Begoña Vázquez

Comeza o Play Doc, e novidades da carteleira con Begoña Vázquez

Fatum chega aos cinemas. Ludopatía, paternidade e acción nun thiller de Juan Galiñanes

Tamén nas carteleiras a última de Daniela Féjerman, coa sida como pano de fondo

Documentais de todo o mundo no Play Doc de Tui

G24.gal 27/04/2023 15:20 Última actualización 27/04/2023 17:04

En Tui está en marcha Play Doc, o festival de documentais proxecta nesta edición unha retrospectiva de Chantal Akerman, Luigi Di Gianni e Calpurnio entre outros. Ademais de ser unha ventá de exhibición a mellor colleita de cine galego da temporada con nomes como Eloy Domínguez Serén, Marta Valverde ou Ariadna Silva.

Fatum é un thiller de acción áxil e adrenalínico de Juan Galiñanes no que Luís Tosar dá vida a un ludópata, casado, con 2 fillos e nunha situación desesperada.

Outra das estreas da semana é Alguien que cuide de mi, de Daniela Féjerman, onde se trata o tema do VIH feminino nun elenco moi coral con Aura Garrido, Emma Suárez, Magüi Mira e Pedro Mari Sánchez, entre outros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos