Cargando resultados...
'Ollo' quere facernos pensar na sociedade actual e as súas problemáticas a través da imaxe
Os fotógrafos e videógrafos de Ollo xeran os contidos e os axentes culturais moven e distribúen o material
Realizan fotografías e de vídeos de carácter social para amosar realidades ás que non sempre se lles da a visibilidade que merecen
G24.gal
11/11/2022 15:58
Ollo é un colectivo multidisciplinar enfocado ao documentalismo gráfico. Está integrado por 7 fotógrafos e videógrafos galegos, dous axentes culturais e unha curadora. O seu obxectivo: visibilizar diferentes problemáticas sociais e medioambientais a través da linguaxe da imaxe e da narrativa audiovisual.